AXUDAS PARA A MATRÍCULA EN MÁSTER PARA PERSOAS DESEMPREGADAS


ORDE do 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0001_gl.pdf

AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS

ORDE do 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0002_gl.pdf

CURSO GRATUÍTO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN BRIÓN

Curso gratuíto de prevención de riscos laborais no MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (motoserra e rozadoira).

Dirixido a persoas desempregadas ou que estean traballando.

Datas: xoves 16, venres 17, luns 20, martes 21 e mércores 22 de outubro

Horario: de 6 a 10 da tarde-noite (18 horas)

Lugar:

          - 16, 17 e 22: parte teórica no Centro Social Polivalente

          - 20 e 21: prácticas na zona

Inscrición na Casa da Cultura ata o martes 14 de outubro, pola mañá de 9a 2 ou pola tarde de 4 a 8.


BOLSAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos/as estudantes universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2014/15.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140724/AnuncioG0164-160714-0007_gl.pdf





INAUGURACIÓN NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA!

O xoves, día 31 de xullo ás 20:30 horas na Carballeira de Santa Minia de Brión, inauguración dun busto en bronce do insigne dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Este busto foi deseñado e realizado por Xosé Vizoso coa colaboración de Roge Fernández.

II CONCURSO DE GRUPOS EMERXENTES REVENIDAS

Podedes ver as bases en:
https://www.facebook.com/Revenidas

un saúdo dende o Festival Revenidas! un festival 100% galego!

--
Xesús C. Ramos
comunicación & contidos
Revenidas | www.revenidas.com
revenidascomunicacion@gmail.com/ +34 616827570

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More