AREAS | ASOCIACIONISMO | CREACIÓN DUNHA ASOCIACIÓN

Estades pensando en montar unha asociación? Información e apoio nos trámites na OMIX. Os pasos a seguir son:

INSCRICIÓN NO REXISTRO XERAL DE ASOCIACIÓNS DE GALICIA

  • Solicitude dirixida ó Sr. Delegado Prov. da Consellería de Xustiza, Interior e RRLL
  • Acta de constitución por duplicado asinada 
    • Datos dos socios fundadores (nome e apelidos, nº DNI, maior de idade, nacionalidade, enderezo)
    • Denominación da asociación
    • Aprobación dos estatutos polos socios fundadores
    • Acordo para a elección da COMISIÓN XESTORA (se houbo)
  • Estatutos por duplicado asinados polos socios fundadores en tódalas páxinas
    • Denominación
    • Fins
    • Enderezo social
    • Ámbito territorial
    • Órgano directivo
    • Procedemento de admisión e perda da condición de socio
    • Dereitos e deberes dos socios
    • Patrimonio fundacional, recursos económicos previstos e límite de orzamento anual
    • Aplicación do patrimonio social el caso de disolución
    • Se é asoc. xuvenil: idade dos socios (de 14 a 29 anos)
  • Copia DNI socios fundadores
  • Taxas


SOLICITUDE DO CIF

  • Modelo 036 (Facenda)
  • Fotocopia dos estatutos
  • Fotocopia da acta na que figure o nomeamento da Xunta Directiva
  • Fotocopia do DNI do representante legal (Presidente)
  • En caso de non ir o presidente en persoa: 
    • Autorización do presidente nomeando ó representante autorizado
    • Copia do DNI do presidente
    • Fotocopia do DNI do autorizado


SOLICITUDE DE EXENCIÓN DE IVE

  • Copia da Acta de constitución
  • Copia dos Estatutos da asociación
  • Certificado de inscrición da entidade no Rexistro Central
  • Copia do CIF
  • Declaración do representante legal da entidade acreditando reunir os requisitos e condicións especificados no artigo 20.tres da Ley del Impuesto
  • En caso de non ir o presidente en persoa:
    • Autorización
    • Copia do DNI  do presidente
    • Copia do DNI do autorizado


INSCRICIÓN NOS REXISTROS DAS DIFERENTES CONSELLERÍAS

DOCUMENTACIÓN COMÚN:
  • Impreso de solicitude
  • Copia compulsada da acta de constitución
  • Copia compulsada dos Estatutos
  • Copia compulsada do Rexistro Central
  • Copia compulsada do CIF
  • Copia compulsada da acta de nomeamento da Xunta Directiva
  • Certificado do/a secretaria/o da asociación nomeando representante ó que asina a solicitude
  • Copia compulsada do DNI do que asina a solicitude
  • Xustificante de ter pagadas as taxas

Dependendo da consellería, deberase presentar unha relación de actividades a desenvolver ou documentación complementaria.


REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS

  • Copia da acta de constitución
  • Copia dos Estatutos
  • Copia do Rexistro Central
  • Copia do CIF
  • Relación da Xunta Directiva actual


EXISTEN MODELOS DESTA DOCUMENTACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO A DISPOSICIÓN DAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO.



AREAS | EMPREGO | ORIENTACIÓN LABORAL


O Concello de Brión ofréceche tamén o servizo de Orientación Laboral, na Casa da Cultura, e alí poderán informarte de todo o relacionado co mundo laboral. Entre outras cousas poderán orientarte cara diferentes opcións á hora de buscar emprego:


BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL
O Concello de Brión conta cunha bolsa de emprego municipal que está a funcionar desde o ano 2002. Podes inscribirte nela nas oficinas do Concello situadas en Pedrouzos.

Outros concellos tamén teñen bolsa de emprego, como, por exemplo, Santiago, que a puxo en marcha no ano 2009. Podes inscribirte nela nas oficinas de promoción económica situadas nas instalacións do estadio de fútbol de San Lázaro.


BUSCA DE EMPREGO NA REDE
A través de internet hai numerosas páxinas onde podes buscar ofertas de emprego e insertar o teu currículum. Algunhas delas son:





EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL
Na zona de Santiago de Compostela:

  • Randstad: Calle General Pardiñas, 3 - 5 - 1º B , 15701 Santiago de Compostela. www.randstad.es  
  • Manpower : Avenida de Vilagarcía, 19 - baixo , 15706 Santiago de Compostela. www.manpower.es  
  • Adecco : Av. Romero Donallo, 3, 15706 Santiago de Compostela. www.adecco.es  
  • Unique : Senra, 19 , 15702 , Santiago de Compostela. www.unique.es  
  • Nortempo E.T.T. S.L.: Restollal, 37 , 15702 Santiago de Compostela. www.nortempo.com   
  • Flexiplan: Galeras, 13 , 15705 Santiago de Compostela. www.flexiplan.es   
  • Umano: R/ San Pedro de Mezonzo 36, 15701, Santiago de Compostela.



ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS
Unha opción interesante é a das organizacións empresariais, tanto as que son máis xerais, con empresas de todo tipo, como as sectoriais:

  • Confederación de empresarios de Galicia. Rúa do Vilar 54, 15705 Santiago. www.ceg.es
  • Centro de orientación, formación e emprego da CEG (COFE): Avda. Figueroa 8, 15705 Santiago.
  • Cámara de Comercio: San Pedro de Mezonzo 44 baixo, 15701 Santiago. www.camaracompostela.com
  • Asociación de empresarios do polígono do Tambre: Via Edison 1, Santiago. www.poligonotambre.com
  • Asociación de empresarios de hostelería: Rua República Arxentina, 38, Santiago de Compostela. www.santiagohosteleria.net
  • Asociación textil de Galicia: Rua Tomiño, 24, Santiago de Compostela. www.atexga.com
  • Asociación galega de empresas operadoras: Rua República Arxentina, 9, Santiago de Compostela. www.ageogalicia.com
  • Asociación cluster naval galego: Rua París, 9, Santiago de Compostela. www.aclunaga.es
  • Rede galega de empresas: Rua Patio de Madres, 15, Santiago de Compostela. www.empresagalega.org


Máis organizacións empresariais en:
http://www.paginasamarillas.es/asociacion-empresarial/all-ma/a-coru%C3%B1a/all-is/santiago-de-compostela/all-ba/all-pu/all-nc/1

AREAS | EDUCACIÓN E FORMACIÓN | FORMACIÓN OCUPACIONAL


Cada ano a Xunta convoca cursos do chamado Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados), cursos nos seus propios centros de formación ou en centros homologados (concellos, asociacións, sindicatos…)

Os cursos nos centros da Xunta empezan, normalmente, a partir do mes de febreiro/marzo. Nos centros homologados a partir de abril/maio, rematando todos como moi tarde en novembro.

A selección de alumnos faise a través das oficinas de emprego aproximadamente un mes antes do comezo do curso, polo que é preciso que as persoas interesadas estean inscritas na súa oficina nos cursos que sexan do seu interese.

Cara finais de decembro a Xunta abre o prazo de solicitude dos cursos para os centros homologados, sinalando cada ano unha serie de cursos que ese ano van ser prioritarios segundo a comarca. É convinte estar pendente desta listaxe pois é posible que os cursos nos que estemos anotados non sexan prioritarios e sexa necesario apuntarse noutros que si aparecen na listaxe.

Toda a información se pode atopar na Consellería de traballo e benestar.
http://traballo.xunta.es/portada-formacion-e-cualificacions

Se che interesa algún curso en especial é convinte que vaias consultando os cursos que se van aprobando na páxina web http://emprego.xunta.es e  te achegues, por unha parte, ó centro onde se realiza para que vexan que estás interesado e, por outra parte, á oficina de emprego para indicarlles que estás interesado nese curso en concreto.


AREAS | EDUCACIÓN E FORMACION | ITINERARIO EDUCATIVO

Neste cadro podes ver os diferentes camiños a seguir no teu proceso educativo desde a educación infantil.



AREAS | ASOCIACIONISO | ASOCIACIÓNS DE BRIÓN

Neste momento en Brión hai tres asociacións que están dun xeito ou doutro á mocidade, son as tres asociacións xuvenís ou prestadoras de servizos á xuventude:

ASOCIACIÓN XUVENIL CARBALLEIRA

Asociación xuvenil fundada no ano 1998 en Bastavales. Traballa desde entón tanto con rapaces coma con mozos, ofrecendo cada ano un programa de actividades diferentes.

http://carballeira.blogspot.com



ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E MEDIO AMBIENTAL O ESQUIO NO PIÑEIRO

Asociación prestadora de servizos á xuventude creada no ano 2010 en Brión. As súas actividades xiran principalmente en torno ó medio ambiente e a actividades de ciclismo.

http://oesquio.blogspot.com


DEVAGAR, ESCOLA DE TEMPO LIBRE

Entidade prestadora de servizos á xuventude creada no ano 2010 en Bastavales e que centra a súa actividade unica e exclusivamente na formación da mocidade nas áreas da educación e o tempo libre, sobre todo a través da realización de cursos de monitor de tempo libre.

LOCAL DE ENSAIO

Tes un grupo de música e non tes onde ensaiar? Podes solicitar a utilización do local dos Ánxeles, situado no Adro da Igrexa. Non ten equipo de música e non está insonorizado pero o espazo está á vosa disposición, só tedes que solicitalo na OMIX, na Casa da Cultura.

CALENDARIO DE OCUPACIÓN:

LUNS:


MARTES:

  • 21.00 a 23.00 horas: Pandereteiras (As Remexidas, As Gharatuxas, Cantareiras de Altamira)
  • libre en agosto e setembro


MÉRCORES:


XOVES:


VENRES:

  • 19.00 a 21.00 horas: Gaita e percusión
  • 21.00 a 23.00 horas: Pandereteiras  (As Remexidas, As Gharatuxas, Cantareiras de Altamira)
  • libre en agosto e setembro


SÁBADOS:


DOMINGOS:

  • 17.00 a 21.00 horas: Outsiders

AREAS | CARNÉ XOVE


Podes obte-lo teu carné xove, se tes entre 12 e 30 anos. Para poder facelo só necesitas:


  • Traer o D.N.I
  • Pagar a cota de 6 €


Unha vez tramitado, poderalo utilizar en Galicia, nos establecementos e servizos que figuren na Guía Xove Euro < 26 (podes consultala en http://xuventude.xunta.es/carne-xove.html), e nas demais comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, así coma na maioría dos países europeos. A carné ten unha validez de 2 anos ó cabo dos cales terás que renovalo de novo na OMIX.

Que servizos che ofrece o Carné Xove EURO < 30?


  • Só por ter o Carné Xove dispós dun seguro de asistencia en viaxes.
  • Poderás participar en tódolos sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude.
  • Na páxina web terás acceso a un correo electrónico de balde, á guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.

ONDE O PODES FACER?

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Brión, na Casa da Cultura, Carballeira de Santa Minia nº5.


PROXECTO BABEL | VOLUNTARIADO LINGÜÍSTICO

INTERCAMBIO DE LINGUAS

Neste momento contamos con: alemán, catalán, español, francés, galego, holandés, inglés, olof, noruego, turco

Este proxecto está destinado á integración e intercambio lingüístico e cultural entre veciños de Brión de diferentes nacionalidades e procedencias a través dunha bolsa de intercambio de conversación nas diferentes linguas maternas das persoas interesadas.

O obxectivo deste proxecto é facilitar e favorecer o intercambio lingüístico e o coñecemento doutras culturas, en especial a galega, entre os veciños do Concello, acadando así unha maior interrelación e coñecemento mutuo entre eles.


QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar no proxecto calquera veciño do Concello de Brión, maior de idade, inscrito como voluntario na Oficina Municipal de Voluntariado, que teña un coñecemento básico da lingua na que quere conversar.


COMO O FAREMOS?

O proxecto plantéxase en torno á realización de 10 sesións dunha hora de duración cada unha co fin de acadar maior fluidez na conversa na lingua que interese ó demandante.

As persoas interesadas poderán inscribirse como demandantes (necesitan adquirir fluidez nunha lingua) e/ou ofertantes (ofrecen o seu coñecemento nunha lingua). Tendo en conta as linguas e os horarios nos que se inscriben formaranse parellas para as sesións.

As parellas poderán ser unilaterais (conversas só nunha lingua) ou bilaterais (intercambio de conversas nas dúas linguas da parella).

As parellas terán libertade para organizar as súas sesións dacordo ás súas preferencias acomodándoas á súa dispoñibilidade. O primeiro encontro realizarase na Oficina Municipal de Voluntariado e os seguintes onde a parella decida: tomando un café, dando un paseo, indo xuntos a algunha actividade...


ONDE ME APUNTO?

Se che interesa o proxecto podes inscribirte na Oficina Municipal de Voluntariado, na Casa da Cultura (Carballeira de Santa Minia nº5).

Tamén podes poñerte en contacto por teléfono: 981 509 908, ou por correo electrónico: voluntariado@briondixital.org

En todo momento os voluntarios terán vía aberta de comunicación ca Oficina Municipal de Voluntariado podendo presentar queixas e aportar ideas de mellora, que se tentarán implementar canto antes na medida do posible.

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More