VOLUNTARIADO | OMV





O Concello de Brión, no mes de Setembro de 1997, puxo en marcha, xunto cun grupo de concellos da provincia de A Coruña e en colaboración coa Fundación Paideia, un proxecto sobre a Implantación do voluntariado en Concellos rurais ou semiurbanos. Este proxecto plasmouse na creación, ó ano seguinte, da Oficina Municipal de Voluntariado

O obxectivo desta Oficina é o de facilitar e promove-lo voluntariado e a participación activa dos veciños na vida cultural, social, laboral e comunitaria do concello.

Co fin de conquerir este obxectivo, dende o ano 2002 estableceuse unha moi estreita colaboración entre a OMV e as distintas Entidades de Acción Voluntaria de Brión

Estas entidades son as distintas asociacións do concello que, entre os seus programas, contan coa promoción do voluntariado como un xeito de lograr unha cidadanía organizada, participativa, responsable e solidaria que colabore na detección e solución das necesidades do seu Concello.

Na Oficina Municipal de Voluntariado, situada no Centro de Servicios Sociais, e nas sedes das distintas entidades de voluntariado, está a disposición dos voluntarios unha relación das actividades nas que poden colaborar, tendo en conta as súas aptitudes e preferencias.

A OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Promoción do voluntariado buscando as canles axeitadas para favorece-la participación dos veciños na vida social, cultural, laboral, comunitaria do Concello


DESTINATARIOS

Maiores de 16 anos, interesados en colaborar nas distintas actividades de voluntariado que se organizan dende as diferentes entidades de voluntariado de Brión (concello e asociacións)

SERVIZOS

Promoción do voluntariado: sensibilización, información, captación, formación, programación de actividades...

Promoción do asociacionismo

ACTIVIDADES

apoio familiar

voluntariado ambiental

actividades socioculturais

apoio ó asociacionismo

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Luns a Venres
De 9:00 a 14:00 horas

ENTIDADES DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das entidades de voluntariado do Concello de Brión

DESTINATARIOS

Entidades de Voluntariado do Concello de Brión

VOLUNTARIADO | FAITE VOLUNTARIO


Se queres colaborar como voluntario tan só tes que cubrir a seguinte ficha e enviala ó noso correo electrónico
voluntariado@briondixital.org

DOCUMENTACIÓN
lei estatal do voluntariado

OMIX | SERVIZOS

INFORMACIÓN XUVENIL

Información permanente, sobre diversos temas:

Enderezos de interese e directorios de entidades e organismos públicos

Subvencións, lexislación
Educación, formación, emprego

Cultura, actividades culturais de diverso tipo

Certames, convocatorias, concursos, premios

Deporte, tempo libre, viaxes

Boletíns e guías sobre diversos temas de aparición semanal e mensual:

BOLETÍN XOVE de edición mensual da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Con información sobre actividades, bolsas e axudas, cursos, ofertas de emprego, premios e concursos, programas europeos e outros noticias de interese para a mocedade.

BOLETÍN DE INFORMACIÓN SEMANAL da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Con información sobre cursos, emprego, oposicións, premios e concursos, voluntariado, bolsas e axudas.

Convocatorias de diverso tipo con prazo de caducidade: actividades, subvencións, bolsas, cursos, xornadas e exposicións, premios e concursos, emprego público.

Programas da D.X.Xuventude: información referente os programas que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude podes solicitar información e nalgúns casos tramitar a través da OMIX, ou directamente acceder na páxina www.xuventude.net

CARNÉ XOVE >30

Podes obte-lo teu carné xove, se tes entre 12 e 30 anos. Para poder facelo só necesitas:

Traer o D.N.I

Pagar a cota de 6 €

Unha vez tramitado, poderalo utilizar en Galicia, nos establecementos e servizos que figuren na Guía Xove Euro < 26 (que se entrega coa tarxeta), e nas demais comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, así coma na maioría dos países europeos. A carné ten unha validez de 2 anos ó cabo dos cales terás que renovalo de novo na OMIX.

Que servizos che ofrece o Carné Xove EURO < 30?

Só por ter o Carné Xove dispós dun seguro de asistencia en viaxes.
Poderás participar en tódolos sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude.
Na páxina web terás acceso a un correo electrónico de balde, á guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.

VOLUNTARIADO

A partir do ano 2008, desde a OMIX tamén se xestiona o programa de voluntariado do Concello de Brión, que se organiza en torno a diversas actividades:
Promoción do voluntariado e captación de persoas voluntarias
Bolsa de voluntarios para colaborar en actividades puntuais

Voluntariado ambiental

Voluntariado de ocio e tempo libre

Servizo de Voluntariado Europeo

FORMACIÓN

Cursos de formación dirixidos a rapaces e mozos, e á poboación xeral, que varían segundo a programación anual

Ofimática

Cociña

Manualidades

Fotografía

Internet

Música dixital

Percusión

Educación ambiental

Primeiros auxilios

Obradoiros varios

Monitor de tempo libre

Director de tempo libre



ACTIVIDADES

Desde a OMIX organízanse diversas actividades dirixidas a rapaces e mozos ó longo do ano:
Obradoiros de Nadal

Campamentos de verán

Escola de verán

ASOCIACIÓNS


Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das asociacións do Concello de Brión

OMIX | INFORMACIÓN

QUE É?

Creouse en 1988 e foi integrada na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil pertencente á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, o 26 de setembro de 1995.

A OMIX é un servizo gratuíto e aberto a todo o público, que ten como finalidade prestar axuda e información ós mozos e mozas do concello.

Busca coordinar esforzos e iniciativas, promovidos tanto por organismos públicos como por entidades privadas, sen ánimo de lucro, que vaian encamiñadas a prestar servizos de información e asesoramento ós mozos no ámbito do concello.

OBXECTIVOS

Asegurar que as prestacións dos servicios de información xuvenil se desenvolvan en condicións axeitadas.

Garantir a difusión de información xuvenil ampla e actualizada.

Favorecer a implantación dos mecanismos de información precisos para posibilitar a igualdade de oportunidades entre a xuventude.


SITUACIÓN

Está situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Brión, na Carballeira de Santa Minia nº5.

HORARIO

De luns a venres: de 09:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h


PARA CONTACTAR

Tfno.: 981 50 99 08

voluntariado@briondixital.org

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More