EXPOSICIÓN FOTOXORNALISMO 2013

Exposición Fotoxornalismo 2013

Dentro das exposicións promovidas pola Deputación da Coruña atópase a 
mostra de ?Fotoxornalismo 2013? da Asociación de Prensa da Coruña, 
coas imaxes galegas mais destacadas do ano.

Nesta duodécima edición participan os fotógrafos Javier Alborés, Mero 
Barral, J. Cabalar, Marta Capote,Vanesa Casteleiro, César Delgado, 
Víctor Echave, Moncho Fuentes, Patry Fraga, Iago López, Amador 
Lorenzo, Carlos Pardellas, Andy Pérez, Eduardo Pérez, Pedro Puig, 
César Quián, Quintana, Paco Rodríguez, José Sánchez, Jesús Sancho, 
Susy Suárez, Torrecilla y Juan Varela.

Esta exposición se podera visitar do 21 de febreiro ata o 5 de marzo 
na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión

COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2

Queres facer cursos para desempregados e non tes a ESO nin o Bacharelato? Prepara as competencias clave e poderás acceder aos cursos do nivel correspondente.

O luns 24 de febreiro empezamos aquí en Brión con un curso para preparar as competencias clave de nivel 2 para poder acceder aos cursos para desempregados dese nivel.

As clases van ser os luns e mércores de 10.30 a 12 e os venres de 10.30 a 11.30 horas, no Centro Social Polivalente.

Prepararanse as competencias de:
- competencia en lingua galega
- competencia en lingua castelá
- competencia en lingua inglesa
- competencia matemática

e a maiores informática básica.

A cota para participar no curso é de 10 euros ao mes, os exames van ser no mes de abril polo que habería que abonar 2 meses.

+Info: Casa da Cultura, tlf.: 981 509 908

ERASMUS 2013/2014


ORDE do 11 de febreiro de 2014 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2013/2014.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140220/AnuncioG0164-140214-0001_gl.pdf

LINGUA DE NAMORAR


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a organizar Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

PlayStation 4 500 XB
Mesa de mesturas de dj
MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):

Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 23 de febreiro. Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación.

+Info: xuventude.xunta.es

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE CORTEGADA


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha este inverno un novo programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas 
Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase na Illa de Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

O programa levarase a cabo os fins de semana do mes de marzo e poderán participar nel un total de 6 voluntarios por quenda.

+Info: voluntariadogalego.org

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

En Santiago de Compostela:
- XCCOML0002 - CARRETILLEIRO, en febreiro
- SSCE0110 - MF1442_3 - PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O EMPREGO, en febreiro
- XCFMES0001 - SOLDADURA MIG-TIG, en febreiro
- HOTR0509 - Repostaría, en marzo
- ARGI0209 - Impresión dixital, en marzo
- HOTR0209 - Sumillería, en marzo
- HOTR0408 - Cociña, en abril

En Ames:
- XCFCOO0008 - LINGUAXE DE SIGNOS I, en marzo
- ADGD0208 - UF0319- SISTEMA OPERATIVO, BÚSQUEDA DA INFORMACIÓN: INTERNET/INTRANET E CORREO ELECTRÓNICO, en marzo
- ADGD0308 - UF0350 - XESTION ADMINISTRATIVA DO PROCESO COMERCIAL, en marzo
- XCFCOV0006 - INGLÉS TÉCNICO, en marzo

En Noia:
- ELES0108 - Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións, en marzo

Máis cursos e máis información: emprego.xunta.es

PROGRAMA DE XÓVENES PROFESIONAIS EN DELEGACIÓNS DA UNIÓN EUROPEA


Programa aberto aos xóvenes profesionais que amosen un grande interese e motivación respecto á misión encomendada ás diferentes delegacións da Unión Europea.

Convoca AECID.

+Info: https://www.aecid.gob.es/galerias/descargas/tablon-anuncios/empleo-presencia-oi/empleo-oi-JED-2014/JED_2014_Convo.pdf

CONCURSO PARA BOLSEIROS RESIDENTES (ROMA, ITALIA)

Organiza: Villa Medicis, a Academia de Francia en Roma.O concurso está aberto a artistas de fala francesa e investigadores de 20 a 45 anos de idade. Prazo: 28.02.2014

+Info: http://www.villamedici.it/en/cultural-events/events-programme/2014/01/competition-for-selecting-resident-fellows/

AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN EN SAÚDE

A Fundación Mutua Madrileña convoca axudas para proxectos de equipos de investigadores con recoñecida experiencia nos campos de oncoloxía, cancro de mama e pulmón, trasplante de órganos, traumatoloxía... Prazo: 06.03.2014

+Info: http://www.fundacionmutua.es/Ayudas-a-la-Investigacion.html

BOLSA BENJAMÍN FRANKLIN PARA ESTUDAR EN ESTADOS UNIDOS


Convoca: Embaixada dos EEUU en España. Destinatarios: Estudantes españois ou residentes en España ou Andorra. Prazo: 28.02.2014.

+Info: http://www.injuve.es/convocatorias/becas/becas-benjamin-franklin-para-estudiar-en-los-estados-unidos

REDE ENTREPRISE EUROPE NETWORK DA UE

Convoca: a Comisión Europea. Prazo: 15.05.2014

Requisitos dos destinatarios: http://ec.europa.eu/enterprise/index_en.htm


+Info: http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2014:033:0009:0009:ES:PDF

VIII PREMIO TREELOGIC AO ESPÍRITU INNOVADOR

Convoca:Treelogic. Destinatarios: estudantes universitarios ou titulados recentes. Prazo:10.03.2014

+Info: http://www.treelogic.com/

MECD-FULBRIGHT

Bolsas para a realización de estudos de máster en artes,humanidades e ciencias sociais en EEUU. Convoca: Comisión Fulbright. Prazo: 21.02.2014.

+Info: http://www.fulbright.es/convocatorias/ver/1418/realizacion-de-master-s-ministerio-de-educacion-cultura-y-deporte/2014-2015

TRABALLO EN UK PARA MOZOS


Class Projects, empresa que se adica á axuda e asesoramento a mozos que queren desprazarse ao Reino Unido a estudar ou traballar, tanto con programas de autofinanciación como con cursos de inglés en diferentes escolas.   ayudamos y asesoramos desde hace 20 años a jóvenes que quieren desplazarse al Reino Unido a estudiar y/o trabajar.

+Info: www.classprojects.com

BOLETÍN E LO...? DO MES DE FEBREIRO

Xa podes consultar o boletín E lo...? para mozos e voluntarios do mes de febreiro.

Enlace: http://boletinmocidadebrion.blogspot.com.es

BOLSAS E CURSOS

Acabamos de publicar varias bolsas e cursos de formación no blog municipal de formación e emprego:

empregobrion.blogspot.com

CURSO DE MUSICOTERAPIA


Curso de musicoterapia organizado pola escola de tempo libre Recursos de Santiago. Datas: 15 e 22 de febreiro e 1 de marzo. Duración: 30 horas. Prezo: 100 euros.


+Info: 981 558 374 e info@formacionytrabajo.com

CERTAME DE POESÍA


O concello de Outes convoca o XVIII Certame de poesía Francisco Añón con categorías a partir dos 6 anos de idade. Prazo: 10 de abril.

+Info: http://www.outes.es/galego/cultura_deporte/certame_poesia.html

CURSO EN LIÑA DE VOLUNTARIADO PARA A REXENERACIÓN DOS MONTES QUEIMADOS


O prazo de inscrición deste curso estará aberto do 3 ao 28 de febreiro e realizarase na plataforma de teleformación do 3 ao 31 de marzo.

+Info: voluntariadogalego.org

CURSO PRESENCIAL DE INICIACIÓN Á LÍNGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA PARA VOLUNTARIOS EN A CORUÑA


O prazo de inscrición deste curso estará aberto do 3 ao 28 de febreiro e impartirase en A Coruña os martes e os xoves do 6 de marzo ao 1 de abril de 18:30 a 21:00h.

+Info: voluntariadogalego.org


PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COA SOCIEDADE CIVIL



A Comisión Europea organiza diversos proxectos de cooperación no ámbito da educación e a formación e no ámbito da mocidade. Data: 17.03.2014

+Info: http://programasue.info/documentos/2014-C026-07.pdf

PLAN DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2014


Xa está á vosa disposición o Plan de Formación 2014 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Preme aquí para descargalo: http://www.voluntariadogalego.org/upload/ppr/167-d-PDF2014_red.pdf

PREMIOS LITERARIOS MINERVA


Un ano máis o colexio M. Peleteiro convoca os premios Minerva de poesía e narración par alumnos de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato.

Prazo: 14 de marzo de 2014

+Info: www.peleteiro.com

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More