AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA CULTURA

Convoca: Fondo Internacional para a Promoción da Cultura. Dirixido a artistas ou creadores, ONG's ou organismos públicos ou  privados sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades que contribúan á promoción da cultura e á creación artística. Terán prioridade os mozos artistas e creadores de 18 a 30 anos de idade.

Prazo: 30 de maio

+Info: http://en.unesco.org/ifpc/

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS NO VERÁN


ORDE do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Para rapaces de 6º de primaria, ESO e Bacharelato.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140327/AnuncioG0164-210314-0001_gl.pdf

CAMPAMENTOS DA XUNTA


ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf

VENRES MUSICAIS DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BRIÓN

Este venres 28 de marzo, ás 8.30 da tarde na Sala de Exposicións de Brión (Casa da Cultura, Carballeira de Santa Minia).

Concerto dos alumnos de piano e guitarra da Escola de Música.

+Info: http://escolamusicamagarinos.blogspot.com.es/

CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS

Oferta de cursos de formación para desempregados para os meses de marzo a outubro.

Estes cursos saen de xeito continuo ao longo do ano, estade atentos por se hai algún que vos interese!

Podedes ver os que saíron ata o de agora no blog municipal de emprego: empregobrion.blogspot.com

BOLSAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR

Organiza a Fundación Mapfre, para mozos de 18 a 29 anos de idade.


“No Somos Dummies”~es un proyecto de~FUNDACIÓN MAPFRE~en
colaboración con las autoescuelas españolas más importantes, creado con
el objetivo de~provocar un cambio de actitud entre los jóvenes~sobre su
papel en la seguridad vial para que interioricen y transmitan una conducta
segura y responsable como usuario de la vía pública, principalmente en
su rol de conductor
Se trata de realizar online unos cursos de seguridad vial y realizar unos
test de evaluación, si son superados se entra en el sorteo de 4 becas al
mes para obtener el carné de conducir en las autoescuelas adscritas al
proyecto.  (500 euros canjeables en autoescuelas adscritas)
Los sorteos son mensuales y si se supera el test de evaluación y en el
primer sorteo no se es el afortunado, se entra en el sorteo de los seis
siguientes meses.


+Info: http://www.seguridadvialparajovenes.com/archivos/bases.pdf

BOLSAS CULTUREX DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN XESTIÓN CULTURAL NO EXTERIOR


Convoca o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, para mozos menores de 35 anos de nacionalidade española co título de licenciado/a ou grao e posgrao en Xestión Cultural. Prazo: ata o 03.04.2014

+Info: http://www.boe.es/boe/dias/2014/03/17/pdfs/BOE-A-2014-2843.pdf

CONCURSO DE ARTE URBANO/GRAFFITI CONTRA O CONSUMO DE TABACO EN CANTABRIA


Convoca o Goberno de Cantabria. Para maiores de 16 anos con residencia en España. Prazo: 21.04.2014
Tema: "Elixiu vivir sen tabaco". Premios: 500 / 300 / 200 euros

+Info: https://boc.cantabria.es/boces/verAnuncioAction.do?idAnuBlob=264734


BOLSAS EUROLINGUA. 2ª CONVOCATORIA

Eurolingua Venairlanda SL procede a realizar a súa 2ª Convocatoria de Bolsas para a realización dun Cursos de Inglés en Irlanda (cidades de Dublín e Derry) de dúas semanas de duración durante o mes de agosto de 2014 nun programa de inmersión todo incluido. A data de saída será o 29 de xullo.
Establécese un lote de 10 bolsas para estudantes universitarios, de bacharelato ou FP. A bolsa cubre o 100% dos gastos, entre eles:

    aloxamento en familia ou residencia universitaria.
    programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico.
    programa de actividades culturais visitas e excursións.
    Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia.
    No incluido, pero xestionable, o billete de avión.


+Info: http://www.venairlanda.com/convocatoria-becas.html

ACCESO A CICLOS DE FP. OBTENCIÓN TITULO DA ESO. COMPETENCIAS CLAVE...

No blog municipal de emprego podes atopar novas sobre:

- PROBAS DE ACCESO A CICLOS  MEDIOS E SUPERIORES DE FP

- PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO

- PROBAS PARA A AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2 E 3

- CURSOS DE INFORMÁTICA EN HORARIO DE MAÑÁ

- CURSOS DE FORMACIÓN EN ABRIL E MAIO


O enlace é empregobrion.blogspot.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE ONS 2014


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por segundo ano consecutivo o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

O programa de voluntariado ten como obxectivo principal sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional (Illa de Ons).
As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque.

O programa desenvolverase en quendas de 5 días, de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo para grupos formados por 6 voluntarios.


+Info: voluntariadogalego.org

PREMIOS DE POESÍA


III Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro e XV Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores. Organiza o Concello de Mondoñedo. Prazo: 11 de xullo de 2014.

+Info: http://www.mondonedo.net/content/view/1296/128/lang,gl/

CONCURSO DE CONTOS

XXIV Concurso de contos Vila de Pontedeume para estudantes de 2ª ciclo da ESO, bacharelato e ciclos de FP, menores de 20 anos. Prazo: 17 de maio de 2014.

+Info: http://www.pontedeume.es/temp/contos2014.pdf

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP


ORDE do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140310/AnuncioG0164-050314-0003_gl.pdf

EXAMES PARA A OBTENCIÓN DO CELGA


RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014 (ED114A).

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140311/AnuncioG0164-060314-0001_gl.pdf


ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE


ORDE do 28 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2014.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140306/AnuncioCA05-280214-0001_gl.pdf

AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS EN PAÍSES EUROPEOS NO VERÁN DE 2014


ORDE do 21 de febreiro de 2014 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140307/AnuncioG0164-270214-0003_gl.pdf

EXPOSICIÓN DE PINTURA DE PACO CASAL


O venres,día 14 de marzo ás 20:30 horas, inauguramos unha nova exposición. Trátase da Exposición de Pintura de Paco Casal. A exposición leva por título "Recunchos de soños e realidades".

CURSO: PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN NO MALTRATO A MAIORES


Do 10 de marzo ao 25 de abril. Na rede.Duración: 75 horas.

+Info e matrícula: www.fg.ull.es

AXUDAS PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EUROPA


ORDE do 20 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera Estado ou país, agás España, e se procede á súa convocatoria.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA05-210214-0001_gl.pdf

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS NO VERÁN DE 2014


Convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Para rapaces de 5º e 6º de primaria, 1º da ESO que teñan como mínimo un notable como nota final en inglés no curso 2012/2013 e notable como media do curso 2012/2013.

Solicitude: ata o 14 de marzo.

+Info:  http://www.boe.es/boe/dias/2014/02/25/pdfs/BOE-A-2014-2016.pdf

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More