FEIRA DA INTERMEDIACIÓN LABORAL

O 24 e 25 de abril de 2014 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Punto de encontro entre persoas desempregadas e empresas de todo tipo.

SE ESTÁS BUSCANDO EMPREGO

Motivos para participar no Foro da Intermediación e o Emprego:

1. Obter información sobre recursos e ferramentas para a busca de emprego.

2. Coñecer os requisitos e oportunidades de emprego no mercado laboral actual a través das presentacións de empresa e doutras actividades do Foro.

3. Realizar actividades formativas para a mellora das competencias e cualificacións profesionais.

4. Interactuar con entidades relacionadas co eido do emprego.


ACTIVIDADES DO FORO

    Curso de Monitor/a de comedor escolar
    OBRADOIRO: Iniciación a Twitter para la busca de emprego
    Curso de Manipulación de Alimentos
    Curso de Cociña Fría
    MESA REDONDA: A inserción laboral para as persoas con maiores dificultades: necesidades e alternativas
    RELATORIO: Recoñecemento da experiencia profesional, certificados de profesionalidade e competencias clave
    Visual Merchandising
    Google Apps for business
    OBRADOIRO: Emprendemento - ¿Qué debes saber a nivel fiscal e laboral?
    OBRADOIRO: Creación dun blog para a busca de emprego
    OBRADOIRO: Iniciación a Facebook para a busca de emprego
    OBRADOIRO: Iniciación a Linkedin para a busca de emprego
    OBRADOIRO: Busca de emprego a través da rede
    RELATORIO: Presenza e busca de emprego nas redes
    4 CHARLAS - PRESENTACIÓN: Servizos da Plataforma polo Emprego
    2 RELATORIOS: Novas experiencias intergrupais para a busca de emprego
    2 RELATORIO - COLOQUIO: O mercado de traballo e a reforma laboral
    2 RELATORIOS - COLOQUIO: A seguridade e a saúde no traballo: a prevención dos riscos laborais
    3 RELATORIOS - COLOQUIO: A formación para o emprego e a súa importancia na inserción laboral
    2 RELATORIOS - COLOQUIO: A igualdade real no ámbito laboral. Colectivos especialmente afectados polo desemprego: muller e xuventude
    RELATORIO - COLOQUIO: Autoemprego e diversificación no ámbito rural
    4 CHARLAS - PRESENTACIÓN: Campaña "Non te quedes parado e actúa" (UXT)
    CHARLA - PRESENTACIÓN: Servizos que ofrece a Asociación de Hostelería de Compostela
    RELATORIO - COLOQUIO: Pasos máis importantes para montar un negocio de hostelería
    RELATORIO - COLOQUIO: Trámites legais para o bo funcionamento da actividade dun negocio de hostelería
    RELATORIO - COLOQUIO: Os camiños de Santiago e a súa incidencia no sector turístico
    RELATORIO - COLOQUIO: Formación e calidade: o noso compromiso (Certificados de Profesionalidade). Asociación de Hostelería de Compostela
    CHARLA - COLOQUIO: O mercado laboral na Comarca de Santiago. Ocupacións máis demandadas e máis ofertadas. As tendencias de emprego na Comarca
    RELATORIO - COLOQUIO: O convenio colectivo. Para que serve e por que son necesarios os convenios. Tipos de convenios. A negociación colectiva
    RELATORIO - COLOQUIO: Que é un sindicato. Como xurde o sindicalismo. CCOO, historia e defensa dos dereitos dos/as traballadores/as. As CCOO do século XXI
    RELATORIO - COLOQUIO: Os certificados de profesionalidade. Que son, como se obteñen, requisitos de acceso. As competencias clave. A acreditación pola experiencia profesional
    OBRADOIRO: O currículum. Preparación do currículum e a carta de presentación. A autopresentación. Como buscar traballo na rede
    CHARLA-PRESENTACIÓN: Que é un sindicato do século XXI: CCOO

 Información e inscrición: http://axencialocaldecolocacion.org/foro-do-emprego-2014/presentacion

CONSERVAS CASEIRAS, MANIPULADOR DE ALIMENTOS, RECURSOS PARA A ANIMACIÓN

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos do mes de maio:

- CONSERVAS CASEIRAS: elaboración de conservas de carne, peixe, etc. Sábado 10 de maio de 10 a 2 e de 4 a 8. Cota de 20 euros

- MANIPULADOR DE ALIMENTOS: curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos. Luns 12 de maio de 4 a 7 da tarde. Cota de 25 euros

- RECURSOS PARA A ANIMACIÓN: QUE TE CONTAS?: obradoiro de expresión oral. Sábados 24 e 31 de maio de 10 a 2. Cota de 10 euros.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/formacion/formacion.html


CICLO DE CINE AMBIENTAL BUTACA VERDE

O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, acaba de poñer en marcha unha nova edición do Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, co fin de facilitar a realización de actividades de carácter ambiental en todas as entidades ou colectivos galegos que o soliciten, e provocar así a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida, adoptando condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.
Esta actividade oferta cinco ciclos de cine diferentes compostos por tres documentais cada un e que recollen algunhas das principais problemáticas ambientais e sociais dos nosos días. Poden solicitalos todas aquelas persoas ou entidades (concellos, centros educativos, asociacións, entidades culturais, etc.) que dispoñan dun espazo habilitado para as proxecións, que deberán realizarse de maneira pública e gratuita.
Os ciclos de cine poden solicitarse en préstamo por un prazo de 20 días (incluindo os días de envío), e a cesión das películas ás entidades solicitantes é totalmente gratuita, facéndose cargo únicamente dos gastos de envío.

Pode consultar os documentais dispoñibles en cada ciclo na seguinte ligazón:

http://www.ceida.org/concellos/butaca-verde.html

CURSO BÁSICO DE PSICOLOXÍA PARA VOLUNTARIOS. HABILIDADES E RECURSOS PARA VOLUNTARIOS DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Esta acción formativa impartirase a través da Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego do 2 de maio ao 2 de xuño ás 14.30 horas.

+Info e inscrición: voluntariadogalego.org

AXUDAS PARA ERASMUS


ORDE do 21 de marzo de 2014 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2013/14.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140402/AnuncioG0164-260314-0003_gl.pdf

AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS


ORDE do 20 de marzo de 2014 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140402/AnuncioG0164-260314-0004_gl.pdf

CURSO: NARCOTRÁFICO E BRANQUEO DE DIÑEIRO: IMPLICACIÓNS CULTURAIS E XURÍDICAS

Curso organizado polo Valedor do Pobo conxuntamente coa Fundación galega contra o narcotráfico, a Universidade de Santiago de Compostela e o CESEG ( Centro de Estudios de seguridad) sobre "NARCOTRÁFICO E BRANQUEO DE DIÑEIRO: IMPLICACIÓNS CULTURAIS E XURÍDICAS" a celebrar os días 8 e 9 de abril de 2014 na facultade de dereito da USC.

+Info: www.valedordopobo.com

XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE LUDOTECAS

DURACIÓN: 2 modalidades, sen ou con prácticas (100h / 150h)
MODALIDADE ON LINE
PREZO: 110€ (S/P) 160€ (C/P)
PRAZO INSC: ata 28 marzo. Ampliamos prazo ata o 31 de marzo
DATAS: 1 abril a 1 xuño

DESCONTO DO 10% EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO OU ANTIGO-A ALUMNA

+Info: etl@recursosgalicia.es    tlf. 981 558 374

MASTER CLASS EN MAQUILLAXE INFANTIL

HORARIO: de 9.30 a 13.30h
PREZO: 50€ (45€ antigos/as alumnas e demandantes de emprego)
PRAZO INSC: ata 26 de maio
DATA: 31 de maio
LUGAR: Santiago de Compostela (aula de Etl Recursos)
IMPARTE: Belén te Pinta


+Info: etl@recursosgalicia.es    tlf. 981 558 374

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More