PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA O ACOMPAÑAMENTO HOSPITALARIO A MENORES

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión, poñen en marcha un novo programa de acompañamento hospitalario a menores baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

Obxecto: acompañamento hospitalario a menores que estean baixo a garda ou tutela da Xunta de Galicia. Esta función non implica a asunción da responsabilidade da garda dos menores, que seguirá correspondendo á familia ou centro que a teña outorgada.

Duración: dependendo das características do ingreso e as ecesidades dos menores, pode precisarse o acompañamento durante todo ou parte do día, se ben se estima que será máis necesario durante os horarios de comida e as tardes.

Zona xeográfica: en toda Galicia, nas localidades onde existan centros hospitalarios, con maior incidencia nas grandes cidades.

Requisitos das persoas voluntarias: persoas maiores de 18 anos, de ambos sexos. Non se require ningunha característica específica con carácter xeral, sen prexuízo de que poida seleccionarse o perfil mais adecuado para cada menor en concreto que o necesite.

+Info: voluntariadogalego.org

PROXECTO JO-VEN! DISUEÑA Y CONSTRUYE TU COMUNIDAD

Convoca a Fundación Esplai para  maiores de 16 anos. Prazo: ata o 31 de maio.






Contido: "Mediante "Jo-ven!", la Fundación Esplai lanza una convocatoria en la que pueden participar  grupos de jóvenes presentando proyectos de mejora de su entorno o ciudad. Posteriormente, se seleccionarán cinco grupos cuyos miembros participarán en un campo de trabajo en el que recibirán
formación para llevar adelante su proyecto. Finalmente, los participantes volverán a sus comunidades donde, con el acompañamiento de Fundación Esplai, pondrán en marcha la inciativa. Pueden participar personas
mayores de 16 años en grupo, con un mínimo de cinco personas por grupo."

+Info: Fundación Esplai. Contacto: Tel. 93 474 74 74 Correo Electrónico vpareja@esplai.org
http://www.fundacionesplai.org/

XORNADAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Ábrese o prazo de inscrición para as VII Xornadas sobre Violencia de Xénero do Concello de Ares (xoves 8 de Maio de 2014), anímate a participar!

A inscrición pode facerse mediante mail á dirección: xornadas.ares@gmail.com, ou por  teléfono ou fax no: 881.927.901, e recordar que está aberta a todo o público en xeral por se coñeces a alguén que lle poida interesar.

Esta edición está especialmente centrada na adolescencia e na prevención da violencia de xénero dende as idades máis temperás; así, abordaranse temas tales como as redes sociais, o traballo de prevención dende as aulas ou a terapia familiar.

+Info: Empresa de Estudos Sociais de Galicia S.L. (EDESGA). R/ Monte das Moas. Nº15; Elo. 4 . CP: 15009. A Coruña. Teléfono fixo / Fax: 881.927.90

CURSO DE XESTIÓN E FACILITACIÓN DE GRUPOS

Do 9 ao 11 de maio o CEIDA organiza o 5º Módulo do Curso de Xestión e Facilitación de Grupos, centrado na Resolución de Conflitos: Habilidades e Metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións. O curso, que está dirixido a todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, pretende distinguir as diferentes dinámicas do conflito, enfocándose no traballo interno que cómpre facer dende o rol de facilitador para descubrir o seu potencial creativo e atopar intervencións para a súa resolución.



O curso será impartido por César Fernández e Concepción Piñeiro, do IIFACE e ALTEKIO Soc Coop., e a matrícula é de 80 €. Prazas limitadas.



Máis información e inscricións:

http://www.ceida.org/formacion/resolucion-conflitos-habilidades-metahabilidades-para-facilitar-en-equipos-organizac-0.html



CONCURSO DE MICRORELATOS "MICROTENDENCIAS"

O Concello de Madrid convaca o VI Concurso de microrelatos "Microtendencias" dirixido a maiores de 15 anos. Pódense presentar un máximo de 2 obras por persoa e ter un máximo de 100 palabras. Prazo: ata o 15 de maio.

+Info:  www.madrid.es/bibliotecaspublicas

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More