PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA O CURSO ESCOLAR 2014-15


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 225 prazas para mozos e mozas,  nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2013/2014, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2014 e o 31 de xullo de 2015.

Prazas:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 76 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.

+Info: http://xuventude.xunta.es/2014062013563/prazas-nas-residencias-xuvenis-da-direccion-xeral-de-xuventude.html





XORNADA DE EMPRENDEMENTO E AUTOEMPREGO EN SANTIAGO


Queres crear a túa propia empresa?
Coñece as novidades do Plan de Emprego Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca unha xornada de emprendemento e autoemprego.

Obxectivos: dar a coñecer: as axudas para emprendedores/as menores de 30 anos
- O autoemprego: autónomos.
- Subvencións para a creación de empresas.
- Destinatarios/as: mocidade entre 18 e 30 anos interesada na creación de autoemprego

Número de prazas: ata cubrir aforo.
Lugar: Centro Coordinador de Información Xuvenil. Santiago de Compostela.
Prazo de inscrición: ata as 14:00 h. do día 19 de xuño de 2014.
Data: venres 20 de xuño de 2014 ás 11 h.

Máis información no Centro Coordinador de Información Xuvenil: 881 997 608/09
http://xuventude.xunta.es/2014061113498/xornada-sobre-emprendemento-e-autoemprego-en-santiago-de-compostela.html



XA SE PODE SOLICITAR A FORMACIÓN DUAL


A Consellería de Educación convoca proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos en colaboración con diversas entidades.

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos no caso dos ciclos de grao superior.
b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual:

A Coruña.
CIFP Someso.
Peiteado e cosmética capilar. Entidade colaboradora: Loida, S.A.
Electromecánica de vehículos automóbiles. Entidade colaboradoraAsociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Santiago de Compostela.
CIFP Politécnico de Santiago
Mecatrónica industrial. Entidade colaboradora: Financiera Maderera, S.A. e Foresa Industrias Químicas del Noroeste, S.A.
Electromecánica de vehículos automóbiles. Entidade colaboradora: Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Ourense.
IES Universidade Laboral
Carrozaría. Entidade colaboradora: Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi)

Pontevedra.
CIFP Carlos Oroza
Dirección de cociña. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.
Dirección de servizos en restauración. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.
Xestión de aloxamentos turísticos. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.

Vigo.
IES Ricardo Mella
Administración e finanzas. Entidade colaboradora: Bosch Security Systems, S.A.U.
IES A Guía
Xestión comercial e márketing. Entidade colaboradora: Media Markt Saturn Administración España, S.A.U.

Cada solicitante presentará unha única solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 13.00 horas do día 27 de xuño de 2014.
As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED513A

Máis información no DOG do 16 de xuño de 2014 e en http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE FP EN GALICIA


A Consellería de Educación publica a oferta de ciclos formativos para o curso 2014-2015.

Oferta para o réxime ordinario

Oferta para o réxime a distancia e semipresencial

Oferta FP Dual

Máis información no DOG do 16 de xuño de 2014 e en http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

CURSO DE MONITOR-A DE TEMPO LIBRE

En agosto.

    Celebrarase en Santiago (polígono de Boisaca), de luns a venres.
    En horario de9 a13.30h e de15 a20.30h.

Se te matriculas antes do 30 de xuño, o prezo é de 250€.

Anímate!!!! Nun mes terías feita a parte teórica (200h).

+Info: Etl Recursos  981 558 374

CONCOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA


ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140616/AnuncioG0164-090614-0005_gl.pdf

PRÁCTICAS LABORAIS PARA MOZOS, BOLSAS, CURSOS, SUBVENCIÓNS...

Acabamos de publicar información sobre programas de prácticas laborais en empresas en Europa para mozos de 18 a 30 anos, bolsas, cursos, subvencións... no blog de emprego:

empregobrion.blogspot.com

OBRADOIROS DE FORMACIÓN GRATUÍTOS EN PADRÓN


- Estudo e tratamento de herbas medicinais. O 16 e 18 de xuño de 5 a 8 da tarde. Gratuíto
- Escoitarte, contos de sabiduría para a transformación, a educación e o bo trato. O luns 16 de xuño de 10 a 2. Gratuíto

+Info: Oficina municipal de voluntariado de Padrón, tlf. 981 817 025

ACTIVIDADES PARA O VERÁN EN BASTAVALES


- Semana de pintura ao aire libre para nenos, do 7 ao 11 de xullo en Bastavales
- Curso de cremas e ungüentos, en xullo e agosto en Bastavales
- Curso de plantas medicinais e aromáticas e debuxo-pintura dalgunhas delas, xullo e agosto en Bastavales

+Info: montsesolarte.blogspot.com.es

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS - SÁLVORA E CORTEGADA 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha novamente este verán o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.


O programa desenvolverase nas Illas de Sálvora e Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o formulario de inscrición.






+Info e inscrición: voluntariadogalego.org

ACTIVIDADES DE VERÁN: CAMPAMENTO DE VERÁN

Actividades de ocio e natureza (Obradoiros audiovisuais, teatro, manualidades, excursións e sendeirismo, xogos, danzas, música…)

DESTINATARIOS:

     Grupo 1:Rapaces de 7 a 11 anos (2003 - 2007) empadroados no concello de Brión.

     Grupo 2:Rapaces de 12 a 16 anos (1998 - 2002) empadroados no concello de Brión.


DATAS:

     Do 18 ao 29 de agosto de 2014


LUGAR:  

Tiñamos solicitado Boiro e Porto do Son pero denegáronnolas e volvimos solicitar outras instalacións.

As únicas opcións que nos deron axeitadas ao noso grupo son:

     - Ribadeo
     - Illa de Ons
     - Forcarei


Temos solicitadas as tres instalacións pero ata a semana do 16 non nos din se temos instalación e, se a temos, cal sería.

Abrimos igualmente o prazo de inscrición pero ata que teñamos a confirmación da Xunta non vos podemos decir moito máis.


PRAZAS:              

50 prazas (van todos os rapaces xuntos os 12 días e alí sepáranse os grupos para facer as actividades)


COTA: 150 euros


INSCRICIÓN: do 9 ao 30 de xuño na Casa da Cultura, tlf. 981 509 908 en horario de 9 a 14 horas.

Admisión por orde de inscrición tendo preferencia os rapaces empadroados en Brión antes do comezo do prazo de inscrición.

ACTIVIDADES DE VERÁN: NOVAS TECNOLOXÍAS Á CARTA

PARA MOZOS DE +11 ANOS


Do 1 ao 7 de xullo: E se o destripamos?. Montaxe/desmontaxe do PC


Do 8 ao 14 de xullo: Gimp. Retoca as túas imaxes, fotos e debuxos, fai as túas propias montaxes de fotos e moito máis!


Do 15 ao 21 de xullo: Audacity. Grava, mezcla, dixitaliza, quita ruído de fondo, xoga co ecualizador, fai as túas propias pistas de audio!


Do 22 ao 29 de xullo: Prezi. Fai as túas presentacións máis atractivas.


Lugar: aula CEMIT, na Carballeira de Santa Minia

Horario: polas mañás, de 11 a 12.

Cota: 10 euros/semana


PARA RAPACES DE 5 A 11 ANOS


Do 1 ao 7 de xullo: E se o destripamos?. Montaxe/desmontaxe do PC


Do 8 ao 14 de xullo: Primeiros pasos co ordenador. Xa sabemos que estás farto de andar co ordenador, pero aquí ímosche ensinar trucos para sacarlle máis proveito!


Do 15 ao 21 de xullo: Primeiros pasos na rede. Primeiros, segundos e ata terceiros pasos! A rede ten moito que ofrecer e aquí aprenderemos a usala con sentidiño!


Do 22 ao 29 de xullo: Manualidades tecnolóxicas. Sen tesouras nin pegamento, pero igual de interesantes e atractivas... ou máis!


Lugar: aula CEMIT, na Carballeira de Santa Minia

Horario:

- Rapaces de 5 a 7 anos: polas tardes, de 5.30 a 6.15.

- Rapaces de 8 a 11 anos: polas tardes, de 6.30 a 7.15

Cota: 10 euros/semana


PARA TODOS


Do 1 ao 29 de xullo: Mecanografía


Lugar: aula CEMIT, na Carballeira de Santa Minia

Horario: polas tardes, de 4.30 a 5.15.

Cota: 40 euros



Inscrición: ata unha semana antes do comezo de cada actividade

Mínimo 8 rapaces inscritos en cada actividade. Terán preferencia os rapaces empadroados no Concello de Brión.


+Info: www.concellodebrion.org

ACTIVIDADES DE VERÁN: CHEGARON AS VACACIÓNS!


Actividades de ocio para rapaces na última semana de xuño (do 23 ao 30) e na primeira de setembro (do 1 ao 8)

DESTINATARIOS:

- Rapaces de 4 a 10 anos empadroados no concello de Brión.

DATAS:

- Grupo 1: semana do 23 ao 30 de xuño

- Grupo 2: semana do 1 ao 8 de setembro

HORARIO:

- Horario 1: mañás de 10 a 13 horas

- Horario 2: tardes de 17 a 20 horas

LUGAR: Casa da Cultura

PRAZAS: 15 prazas por grupo

COTA: 25 euros por grupo.

INSCRICIÓN: do 9 ao 20 de xuño na Casa da Cultura, tlf. 981 509 908 en horario de 9 a 14 horas.

Admisión por orde de inscrición tendo preferencia os rapaces empadroados en Brión antes do comezo do prazo de inscrición.

+Info: www.concellodebrion.org

OFERTAS DE CURSOS PARA DESEMPREGADOS

No blog de formación e emprego municipal podedes atopar ofertas de cursos de formación, ofertas de emprego e información relacionada directamente co concello no ámbito do emprego. En concreto hai dúas novas que poden ser do voso interese:

- contratación laboral temporal dun/ha educador/a infantil para a escola infantil municipal (remata o prazo de presentación de solicitudes o vindeiro luns 9 de xuño)

- obradoiro de emprego Entre ríos

+Información: http://empregobrion.blogspot.com

CURSOS: MONITOR DE COMEDOR ESCOLAR, ACOMPAÑANDE DE TRANSPORTE ESCOLAR, MONITOR DE TEMPO LIBRE

MONITOR-A DE COMEDOR ESCOLAR

    60h
    semipresencial
    100€ (90€ para antigo alumnado ou en situación de desemprego)
    do 16 de xuño ó 31 de xullo
    inclúe diploma de manipulación de alimentos
    Clases presenciais: 17 xuño - 29 xullo, de 16 a 20h
    Clase de Manipulación de Alimentos (opcional): 4 de xullo, de 10 a 13h

ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR

    60h
    semipresencial
    100€ (90€ para antigo alumnado ou en situación de desemprego)
    do 16 de xullo ó 31 de agosto
    inclúe diploma de primeiros auxilios
    Clases presenciais: 17 - 18 xullo, de 10 a 14h
    Clase de Primeiros Auxilios (opcional): 19 xullo, de 10 a 14h

MONITOR-A DE TEMPO LIBRE

    350h (200h teóricas +150h prácticas)
    presencial: de luns a venres
    horario: de 9 a 13.30h e de 15 a 20.30h
    330€ (250€, antes do 30 de xuño)
    do 1 ó 29 de agosto de 2014
    inclúe diploma de manipulación de alimentos

Información e inscrición:

RECURSOS, Escola de Tempo Libre
Mª Ángeles de la Gándara, 32
Área Empresarial do Tambre
15898 Santiago de Compostela
Tel.  981 558 374
Fax. 902 686 076
www.formacionytrabajo.com

CURSO PARA DESEMPREGADOS DE DINAMIZACIÓN CULTURAL

Están a punto de facer a selección de alumnos para un curso de "Dinamización cultural" en Santiago de Compostela. O curso é de nivel 3 e está especialmente recomendado para a xente que teña estudos de animación sociocultural, educación social ou similar.

O curso vai empezar a primeiros de xullo en horario de 8.30 a 13.30 horas.

Se a alguén lle interesa ten que se ir apuntar á oficina de emprego canto antes, a selección de alumnos vai ser a mediados de xuño.

+Info: www.formacionytrabajo.com, Tlf.: 981 558 374

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More