AXUDAS PARA A MATRÍCULA EN MÁSTER PARA PERSOAS DESEMPREGADAS


ORDE do 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0001_gl.pdf

AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS

ORDE do 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

+Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0002_gl.pdf

CURSO GRATUÍTO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN BRIÓN

Curso gratuíto de prevención de riscos laborais no MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (motoserra e rozadoira).

Dirixido a persoas desempregadas ou que estean traballando.

Datas: xoves 16, venres 17, luns 20, martes 21 e mércores 22 de outubro

Horario: de 6 a 10 da tarde-noite (18 horas)

Lugar:

          - 16, 17 e 22: parte teórica no Centro Social Polivalente

          - 20 e 21: prácticas na zona

Inscrición na Casa da Cultura ata o martes 14 de outubro, pola mañá de 9a 2 ou pola tarde de 4 a 8.


Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More